Centros de día para maiores en A Coruña

Centros de Día Frama, contigo dende 1999

O primeiro Centro de día Frama, situado no paseo marítimo da cidade da Coruña, abriu as súas portas no ano 1999. Posteriormente, inaugurouse o centro de día da Rúa da Merced, en en colaboración coa Asociación Asistencial Galega de Servizos á Dependencia (AGASDEP) e ubicado tamén na Coruña.

En total, ambos centros de día teñen capacidade para atender a 140 usuarios cubrindo un amplo horario, dende as 8 de mañá ata as 9 da noite. Ademáis, as nosas instalacións atópanse ubicadas en dous lugares moi representativos da cidade e disponen das instalacións necesarias para levar a cabo todas e cada unha das actividades que realizamos.

Transporte adaptado

Un dos grandes valores diferenciais dos nosos centros de día para maiores e que dispoñemos de transporte adaptado para que todos aqueles usuarios, con ou sen movilidade, poidan achegarse a diario aos nosos centros así como acudir as excursións e paseos polo exterior que organizamos.

Atención individual e personalizada

Sabemos que as necesidades de cada un dos nosos usuarios é completamente diferente polo que os profesionais dos nosos centros de día realizan unha atención individual e personalizada con cada un deles.

Realizaremos unha avaliación inicial para saber o estado cognitivo y físico do que partimos e definiremos unha serie de obxectivos que formarán parte do programa personalizado de intervención. Damos a coñecer a familia os resultados de cada unha das probas así como os avances que vaiamos acadando.

  • Avaliación inicial do usuario
  • Obxectivos personalizados
  • Programa personalizado de intervención

Melloramos as capacidades físicas e cognitivas dos usuarios

Os nosos programas personalizadas de intervención están destinados a manter e mellorar as capacidades físicas e cognitivas dos nosos usuarios ao longo do tempo. Son supervisados por profesionais altamente cualificados e con ampla experiencia no sector e ademáis, imos facendo un seguimento exhaustivo, rexistrando os resultados, para poder valoralos no futuro.

O noso obxectivo e velar pola saúde e benestar dos nosos usuarios polo que entre as consultas e terapias que realizamos nos nosos centros de día en A Coruña, podemos destacar as seguintes:

  • Vixilancia da saúde
  • Rehabilitación física
  • Programa psicosocial
  • Animación sociocultural

¡Reserva praza nos nosos centros de día!

Eres o coidador dunha persoa maior o queres reservar praza nun dos nosos centros de día na Coruña? Ponte en contacto connosco, resolveremos todas as túas dúbidas e brindarémosche un asesoramento personalizado e sen compromiso.